Saltar ao contido principal

Voluntariado na biblioteca 2019/2020

Equipazo de Voluntariado na biblioteca! Grazas por responder á nosa chamada e grazas xa polo voso compromiso e estusiasmo.

Neste curso 2019/2020, a Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos conta cun equipo de voluntariado. Repartidos en pequenos equipos por días, veñen no recreo a botarlles unha man aos compañeiros a atopar o libro que buscan, recolocan as devolucións, axudan nas dinamizacións da biblioteca... 

Ademais dun agasallo de Nadal, ao final de curso obterán unha certificación oficial da súa colaboración e irán de visita a outras bibliotecas xunto cos integrantes dos clubs de lectura. 

Grazas polo voso apego aos labores culturais e á dinamización dun espazo lector como é a biblioteca.




O MÁIS VISTO

Entrevista á escritora Sonia Mirón

O IES Antón Alonso Ríos tivo o pracer de contar coa escritora Sonia Mirón como docente e, dende o Equipo de Biblioteca, aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista. Ademais, durante un recreo, celebrouse unha sinatura de libros da escritora.

Club de Lectura de Adultos: benvidos/as!

Dende o IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), quixemos saber do interese das familias do noso alumnado, do persoal do centro ou de calquera persoa adulta da zona por formar parte dun club de lectura de adultos. E a sondaxe mostrounos que si hai predisposición a formar grupiño lector. As xuntanzas van ser os luns, de cando en cando, ás 19 horas na biblioteca no instituto. Arrancamos xa, e fíxémolo compartindo qué nos move a formar parte dun club de lectura. Tamén debatemos sobre os dereitos do lector que recolle Daniel Pennac na súa obra Como unha novela. De paso, tamén se presentaron outras obras del, como Mal de escola . A mesa de debate recibiunos coa primeira escolla aínda sen desvelar. Resultou ser A neta do señor Linh , de Philippe Claudel, traída para o galego por Rinoceronte Editora . É unha novela pequena pero grande. Aínda que se pode ler nunha tarde, aconsellamos que se faga amodo, gozando dos detalles, das palabras, de cada parágrafo... E non dicimos máis nada, porq

Cogomelos no centro

Aproveitando a exposición de cogomelos feita no instituto polos nosos compañeiros de Ciclo Medio de Forestais podedes participar dende o voso móbil nun cuestionario sobre estes fungos.      Participa