Saltar ao contido principal

Publicacións

Premiados no concurso de carteis contra a violencia de xénero

. O pasado mes de novembro, o Concello de Tomiño convocou un concurso de carteis contra a violencia de xénero; ofrecémosvos aquí os carteis gañadores: 1º premio, obra de Héctor Gutiérrez ................................................................................ 2º premio, obra de Rebeca Fernández ................................................................................ 3º premio, obra de Adrián Besada .

Concurso "Contos de Nadal"

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello e a OMIX convocan un concurso de “Contos de Nadal”, con tema libre anque centrado no Nadal, escritos en galego e unha extensión máxima de 5 folios (letra Times New Roman, tamaño 12, dobre espazo). O prazo de entrega dos relatos remata o 22 de decembro. Os orixinais presentaranse, mediante o sistema de plica, na oficina da OMIX, ou no Servizo de Normalización Lingüística, ou poden enviarse por correo a CONTOS DE NADAL, CONCELLO DE TOMIÑO, Praza do Seixo 1, 36740 Tomiño. Establécense tres categorías con dous premios cada unha: Categoría A (de 6 a 8 anos): 1º premio de 60 euros + un lote de libros / 2º premio : un lote de libros Categoría B (de 9 a 12 anos): 1º premio de 60 euros + un lote de libros / 2º premio : un lote de libros Categoría C (de 13 a 18 anos): 1º premio de 100 euros + un lote de libros / 2º premio : un lote de libros A entrega de premios realizarase o día 24 de decembro no salón de plenos do Concello de Tomiño ás 12....

Premiados no I Concurso Galego de Robótica

. O noso centro participou no I Concurso Galego de Robótica, e un grupo de alumnos do Ciclo Medio de Electrónica acadou o Primeiro Premio, compartido co IES Perdouro de Burela e o IES Palas de Rei. O noso alumnado premiado foi: Andrea Durán Otero Bruno de Sousa Fertonani Pablo Campos Fernández Antonio Oliveira Pinto NORABOA, SODES XENIAIS! Amplía esta noticia na páxina web do noso centro

Santa Cecilia

Para celebrar a Patroa da Música (22 de novembro) e dado que hai tanta xente afeccionada a esta arte na nosa contorna, a Biblioteca realizou unha exposición no seu taboleiro do vestíbulo do centro, elaborada polo alumnado do Proxecto Interdisciplinar "Educación Documental", 1º ESO-D. Esperamos que vos gustase!

Tempo de setas

Os nosos compañeiros do Ciclo de Traballos Forestais montaron unha exposición no centro estes días coas setas e cogomelos propios da nosa zona. Tras realizar unha saída para recoller os exemplares, clasificáronos con detalle para que poidas velos e aprender a recoñecelos. Por suposto, na Biblioteca temos varias guías de setas e cogomelos que podes consultar. Na mostra que nos ofrecen podes atopar todo tipo de cogomelos, desde os máis tóxicos, como diversos tipos de amanitas, ata os máis exquisitos, como andoas, cantarelas, zarrotas, etc. Cada exemplar está identificado co nome científico, o nome galego e unha icona que indica a súa comestibilidade ou toxicidade. Se che gusta a natureza e queres traballar ao aire libre, o Ciclo Medio de Traballos Forestais e Conservación do Medio Natural é unha boa opción. Aprenderás, entre outras moitas cousas fascinantes, a cultivar as túas propias setas. Infórmate!

Seminario de graffiti

Anxo Fariña visitou o noso centro o luns 27 de outubro para impartir un seminario de graffiti, organizado pola Xunta, no noso caso foi para o alumnado de 1º ESO A e 1º ESO C. Anxo Fariña é autor, entre outras obras, da serie dos Megatoxos , que podes conseguir na nosa Biblioteca.