Saltar ao contido principal

Publicacións

Regresa a HORA DE LER

O vindeiro martes 2 de novembro retomamos a nosa Hora de Ler , unha sesión de lectura semanal, simultánea para toda a ESO, da que tedes información nas aulas de referencia e nos taboleiros do centro. As caixas de lectura xa foron depositadas en todas as aulas, e como novidade tedes este ano, en cada caixa, unha libretiña para apuntar as incidencias, dúbidas e suxestións que vaian xurdindo. Na mesma libreta podedes anotar as vosas opinións sobre os libros que leades, e todas as persoas que o fagan, profesores e alumnos, entrarán no sorteo de lotes de libros e material escolar que se fará no mes de abril, con motivo das celebracións do Día do Libro .

O Premio Nobel

O Premio Nobel é un galardón moi codiciado pero tamén moi polémico, que entrega todos os anos a Academia Sueca. Segundo deixou escrito Alfred Nobel no seu testamento, o Premio Nobel de Literatura débese entregar cada ano a aquela persoa que produza a obra literaria máis destacada na dirección ideal, pero hai moito tempo que a crítica literaria opina que non se está facendo así e é evidente que moitos autores mundialmente recoñecidos nunca recibiron un Nobel aínda que o merecían de sobra. Así que se nunca gañas un Nobel non te preocupes: estarás en compañía de Tolstoi, Proust, Joyce, Nabokov, Kafka, Borges, Cortázar... Este ano o galardón será para Mario Vargas Llosa , autor de obras narrativas, ensaísticas e teatrais de repercusión mundial, algunhas delas levadas ao cine. Vén a coñecer a obra de Vargas Llosa na nosa biblioteca.

Ler e Escoitar

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos convoca o CONCURSO DE LECTURA EN VOZ ALTA "ler e escoitar", para 1º ciclo de ESO e 3º ciclo de Primaria. Os participantes farán unha lectura expresiva de dous textos, un elixido por eles e un elixido polo xurado. A lectura durará entre 4 e 6 minutos. Pódese participar de xeito individual ou en grupo. No caso dos grupos, todos os membros lerán un fragmento de idéntica duración. Cada centro formará un xurado integrado por, como mínimo, dous profesores dese nivel. Seleccionarase un único gañador de cada modalidade (individual/grupo) para que pase á seguinte fase. Gravaranse en vídeo as súas lecturas e enviaranse antes do 30 de outubro para a fase autonómica. Desta segunda fase sairán cinco finalistas, que serán convocados pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para realizar en directo a lectura final, consistente de novo nun texto elixido polos concursantes e outro elixido polo xurado. Animádevos a participar! Para unha...

As goleadoras de Tomiño

O equipo de fútbol sala feminino infantil do IES de Tomiño gañou este ano a final do campionato de liga escolar, e o equipo cadete acadou o segundo posto da súa categoría. A súa adestradora, a profesora Ledicia Seoane , fala con entusiasmo destas alumnas de 1º e 2º de ESO: - Comezamos o adestramento no pasado mes de novembro - conta - Adestramos un recreo cada semana, e os mércores pola tarde. A partir do mes de febreiro engadimos otura sesión de adestramento, os venres pola tarde no Pavillón Municipal. Posteriormente a Concellería de Deportes do Concello de Tomiño doou os equipamentos necesarios e xogamos na liga escolar. O Concello aportou tamén os trofeos para a Xornada de Portas Abertas. Nótase que apreza moito os resultados obtidos en tan pouco tempo. Pero o feito de gañar é o que menos lle preocupa, ela valora máis a mellora que pode ir vendo na coordinación dos movementos e o traballo en equipo. - Por iso temos que xogar todas e avanzar todas ao mesmo tempo, pois ao final o que ...

Xornada de Portas Abertas 2010

Non esquezades que este sábado 22 de maio celebraremos unha Xornada de Portas Abertas para que todo o alumnado e as súas familias, así como todas as persoas interesadas en coñecernos, poidan vir e gozar connosco dunha xornada festiva en que daremos a coñecer o centro, as instalacións, os traballos realizados, etc. todo isto aderezado con varios obradoiros, competicións deportivas, actuacións musicais e moitas sorpresas máis. Acudide ao centro o vindeiro sábado 22 de maio de 12 a 14 h. pola mañá e de 16 a 20 h. pola tarde!

Mes das Letras

O pasado xoves 6 de maio celebramos en Tomiño o Correlingua ! Esperamos que todos gozasedes coa actividade e citámosvos para o vindeiro venres 21 de maio, día en que celebraremos no noso centro a tradicional Festa das Letras : haberá actuacións musicais, recital de poemas de Uxío Novoneyra, exposición dos Maios, ofrenda de pedras no Milladoiro das palabras e varios actos máis. Non o esquezades: o venres 21 de maio, a partir das 12:00 h, Festa das Letras no IES de Tomiño.