Era tanta a ilusión "por volver" que xa quixemos facer un dous por un, porque claro que queriamos retomar o club de lectura de alumnado, pero tamén nos tenta crear un club de ciencia. E para que escoller? O Club de Lectura de alumnado retoma o camiño das lecturas compartidas neste curso 2020/2021 e a primeira aproximación decidimos que fose á ciencia. Gústavos ler narrativa de ciencia-ficción? Nos tempos que corren, a vida parece que quere demostrar que os avances científico-técnicos interveñen máis nas nosas vidas do que nos parecía... Talvez teñamos que reler con outros ollos Un mundo feliz , de Aldous Huxley, unha obra de 1932. Presentamos a nosa primeira proposta lectora: La puerta de los tres cerrojos , da escritora e científica catalá Sónia Fernández-Vidal. Veremos se nos enfeitiza durante este Nadal esta mestura lectora de narrativa e física cuántica. Mirade agora un resumo da nosa primeira xuntanza:
Blog da Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos - Tomiño