Saltar ao contido principal

Publicacións

PROXECTO COMENIUS

Un grupo de profesores do IES de Tomiño está participando, en colaboración con centros de varios países europeos nun proxecto Comenius. O noso proxecto titúlase « Os Medios de comunicación, unha canle para Europa » (Les médias: un canal pour l'Europe). Este traballo ten como obxectivo sensibilizar ao alumnado (14-17 anos) acerca da súa pertenza a Europa, mediante o uso dos medios de comunicación (prensa, televisión, internet, radio), facilitar o diálogo intercultural, favorecer a educación e desenvolver unha posición crítica cos medios de comunicación. Neste proxecto bianual está previsto realizar diferentes actividades: · enquisas · revista de prensa (analizar como un mesmo suxeito é tratado nos diferentes países europeos) · concursos de fotoperiodismo · colaboración con profesionais dos medios de comunicación · elaboración dunha Primeira Páxina · creación dun Xornal · análise de medios de prensa europeos en diferentes formatos Consulta a páxina do Comenius aquí Este sitio web, co...

Intercambio escolar 2008-2009

Un curso máis o Departamento de Francés organiza o Intercambio Escolar co centro francés Lycée Fénelon de Clermont-Ferrand. O noso grupo estará formado por 39 alumnos e alumnas, de 3º e 4ºESO e de 1º de bacharelato, e tres profesores: Mª Jesús Gándara (Tecnoloxía), Carlos Villanueva (Bioloxía) e Anxos García (Francés). O grupo francés consta de 36 alumnos e alumnas do nivel correspondente a 4ºESO, que cursan a sección europea en español, e tres profesoras. A responsable da actividade en Fénelon é a profesora de español Nadine Corny. Primeiro terá lugar a estadía do grupo francés en Tomiño, do 10 ao 18 de marzo. Despois será a nosa visita a Clermont, do 19 ao 30 de abril. Na imaxe, vista de Clermont-Ferrand. Este ano será moi especial, xa que celebramos o décimo aniversario desta actividade, que se vén realizando cada dous anos desde 1998.

Premiados no concurso de carteis contra a violencia de xénero

. O pasado mes de novembro, o Concello de Tomiño convocou un concurso de carteis contra a violencia de xénero; ofrecémosvos aquí os carteis gañadores: 1º premio, obra de Héctor Gutiérrez ................................................................................ 2º premio, obra de Rebeca Fernández ................................................................................ 3º premio, obra de Adrián Besada .

Concurso "Contos de Nadal"

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello e a OMIX convocan un concurso de “Contos de Nadal”, con tema libre anque centrado no Nadal, escritos en galego e unha extensión máxima de 5 folios (letra Times New Roman, tamaño 12, dobre espazo). O prazo de entrega dos relatos remata o 22 de decembro. Os orixinais presentaranse, mediante o sistema de plica, na oficina da OMIX, ou no Servizo de Normalización Lingüística, ou poden enviarse por correo a CONTOS DE NADAL, CONCELLO DE TOMIÑO, Praza do Seixo 1, 36740 Tomiño. Establécense tres categorías con dous premios cada unha: Categoría A (de 6 a 8 anos): 1º premio de 60 euros + un lote de libros / 2º premio : un lote de libros Categoría B (de 9 a 12 anos): 1º premio de 60 euros + un lote de libros / 2º premio : un lote de libros Categoría C (de 13 a 18 anos): 1º premio de 100 euros + un lote de libros / 2º premio : un lote de libros A entrega de premios realizarase o día 24 de decembro no salón de plenos do Concello de Tomiño ás 12....

Premiados no I Concurso Galego de Robótica

. O noso centro participou no I Concurso Galego de Robótica, e un grupo de alumnos do Ciclo Medio de Electrónica acadou o Primeiro Premio, compartido co IES Perdouro de Burela e o IES Palas de Rei. O noso alumnado premiado foi: Andrea Durán Otero Bruno de Sousa Fertonani Pablo Campos Fernández Antonio Oliveira Pinto NORABOA, SODES XENIAIS! Amplía esta noticia na páxina web do noso centro

Santa Cecilia

Para celebrar a Patroa da Música (22 de novembro) e dado que hai tanta xente afeccionada a esta arte na nosa contorna, a Biblioteca realizou unha exposición no seu taboleiro do vestíbulo do centro, elaborada polo alumnado do Proxecto Interdisciplinar "Educación Documental", 1º ESO-D. Esperamos que vos gustase!