Saltar ao contido principal

Publicacións

IES TOMIÑO- LYCÉE FÉNELON: 6º INTERCAMBIO ESCOLAR e Xº ANIVERSARIO DE ENCONTROS

Por Anxos García Monasterio , profesora de francés responsable da actividade Realizamos este curso o 6º intercambio escolar co mesmo centro francés, o Lycée Fénelon pero ademais celebramos algo moi especial: os nosos dez anos de encontros e de amizade. E por suposto, isto merecía unha festa por todo o alto. E así foi en Tomiño e en Clermont-Ferrand (Auvergne). Acollimos ó grupo francés do 10 ó 18 de marzo e fixemos moitas actividades xuntos: as específicas para traballar as linguas que estudamos pero tamén un xogo de pistas na biblioteca, outro para descubrir xuntos os misterios de Santiago de Compostela, actividades deportivas e como colofón o gran concerto no que participou todo o centro. Os “franceses” –coma dicimos nós,- din que o pasaron moi ben e destacaron a nosa amabilidade, simpatía e xenerosidade, ademais de insistir no ben e moito que se come en Galicia! – para nós non é novidade, claro!- A nosa viaxe tamén foi moi ben. Saímos un mes máis tarde, o 19 de abril e voltamos o 30...

Día das Letras Galegas

A semana pasada celebramos no centro a festa das Letras. Isabel Conde González , (2º bac. B) proponnos este contiño para que reflexionemos sobre a situación da nosa lingua. - Hola, buenos días. - Ola, bos días. - Usted ha venido a poner una denuncia, ¿verdad? - Si, veño denunciar ó meu irmán. - ¿A su hermano? ¿Y que le ha hecho su hemano? - Pois a verdade é que teño medo, penso que se propón acabar comigo. - ¿Y que le hace pensar eso? - Os feitos, señor, os feitos! - ¿Qué hechos? Explíquese. - Vostede debe saber que xa non é a primeira vez. El xa o intentou hai tempo, incluso estiven moitos anos detido, na cadea, sendo eu totalmente inocente, dixo que eu era perigoso, acusoume de querer traizoalo. E eu só quería vivir en paz, coma sempre, no meu fogar, coa miña xente… - Pero ahora usted es libre, y su situación es legal, está protegido por ley, ¿no? - Si, pero el quedou con moitas cousas que eran miñas, e non tiña dereito… e eu conformeime coa liberdade. Agora eu xa me estaba recuperan...

Lembrando o intercambio escolar

Do 10 ao 18 de marzo tivemos ocasión de acoller aos estudantes franceses de intercambio, que visitaron varios lugares de interese na nosa terra e tamén participaron en actividades académicas no noso centro. Posteriormente o noso grupo realizou a súa estadía en Clermont-Ferrand.

Últimas rondas do torneo de Xadrez

Continúa o torneo de xadrez cos seguintes resultados: No enfrontamento de cuartos de final que disputaban Daniel Salguero e Diego Álvarez o primeiro clasificouse para as semifinais tras gañar a segunda partida (o luns gañara a primeira). No outro enfrontamento de cuartos de final, Nicolás Costa gañou con negras ó seu compañeiro de clase e rival no campionato Eduardo Fragueiro e parece que ten vantaxe na segunda partida. Por outra banda fíxose o sorteo das semifinais que vai enfrontar o gañador da eliminatoria comentada fronte a Vicente e que está a enfrontar a Noel frente a Daniel. Esta eliminatoria entre Daniel de 1ºD e Noel de 3ºB xa comezou coa victoria con negras do xogador de 3º. A segunda partida xa está en xogo. O venres rematará o torneo. Pronto saberemos quen é o mellor do IES de Tomiño.

Xa hai dous clasificados para a semifinal do campionato de xadrez

Hoxe luns continuou o torneo de xadrez, que cada vez resulta máis emocionante. Na eliminatoria previa que faltaba por rematar, Nicolás Costas conseguiu obter unhas táboas nunha posición dificil e logo gañar na partida de desempate. O seu rival en cuartos de final vai ser Eduardo Fragueiro. As outras 3 eliminatorias de cuartos eran: · a de Vicente Marques frente a Alberto Gómez que foi a primeira en rematar tras abandonar a competición o segundo tras ir perdendo na primeira das dúas partidas. Con este resultado, Vicente convertíase no primeiro semifinalista. · Nabor xogaba frente a Noel, e este último é o segundo semifinalista tras gañar nas dúas partidas. · A última eliminatoria enfronta a Daniel Salguero e a Diego Álvarez. O primeiro conseguiu vencer con negras na primeira partida, polo que agora necesita gañar ou empatar con blancas para estar tamén nas semifinais. O mércores xogaránse as partidas que faltan de cuartos de final.

Torneo de Xadrez, segunda ronda

Hoxe foi a segunda ronda do torneo de xadrez con algunhas partidas que acabaron moi rápido (como a vitoria de Vincent sobre Kevin) e outras que foron moi disputadas. De feito hai unha partida aínda ser rematar (a que están xogando Nicolás e Adrián). O próximo luns comezarán os cuartos de final. A partires desta eliminatoria os enfrontamentos serán a dúas partidas. O sorteo que acaba de realizarse é o seguinte: O gañador da eliminatoria pendente (Nicolás C ou Adrián A) - Eduardo Fragueiro Nabor López - Noel González Vincent M Marques - Alberto Gómez Daniel Salguero - Diego Álvarez