Saltar ao contido principal

Publicacións

Conversa sobre: Del color de la leche

Vai o 2019 andando e segue en ruta o Club de Lectura de Adultos. Durante o Nadal, estivemos tapados do frío coas páxinas da nosa segunda lectura: Del color de la leche , de Nell  Leyshon.  Amizades coa lectura como entremento principal recomendáronnos esta obra e, en xeral, resultou sorpresiva no estilo de escrita. Os máis afeitos a ler obras de suspense pronto adiviñaron o final, rápido ataron cabos. No que si estivemos moitos de acordo é nas similitudes da cultura da obra coa cultura galega doutros tempos, mesmo o humor da protagonista nos parecía galego. Se non nos din onde está ambientada podería pasar por galega. Logo, realizamos unha rolda de propostas lectoras: cadaquén tiña que traer unha recomendación lectora. Varios foron os que non se puideron limitar a unha soa peza, mais así xa temos o caixón das futuras lecturas cheo de opcións. Entre todos os partipantes, escollemos a que vai ser a nosa cuarta lectura. Para máis adiante, falamos dela, ou delas, porque...

Por un 2019 cheo de animación á lectura!

O Equipo de Biblioteca do IES Antón Alonso Ríos deséxavos Bo Nadal con este vídeo-resumo dunha actividade do centro.  Por un 2019 cheo de animación á lectura! 

Cogomelos no centro

Aproveitando a exposición de cogomelos feita no instituto polos nosos compañeiros de Ciclo Medio de Forestais podedes participar dende o voso móbil nun cuestionario sobre estes fungos.      Participa

Xuntanza poslectura - 1ª aval. - Club de Lectura de ESO

Outro luns máis, volvemos xuntarnos os integrantes do club da ESO. Desta volta, tocaba quedada poslectura. Despois de xantarmos xuntos, agardábanos unha sobremesa novidosa: un escape room deses que están de moda agora. En si, éche coma un xogo de pistas pero hai que ir contrarreloxo para atopar unha chave que te libere do espazo en que te encerraron. Nós quedamos pechados na biblioteca do noso centro. Estas son algunhas das obras que se mencionaban nos libros que lemos e que tamén apareceron no escape room . Se queredes saber se logramos saír, dádelle ao play, aínda que quede claro que unha biblioteca non é un lugar do que haxa que fuxir. Máis ben, ao contrario... Logo repartímonos en grupos de debate e parolamos sen vergonza sobre a nosa experiencia lectora con estes dous libros, pero rematamos de novo todos xuntos. Os de 1º e 2º ESO presentáronlles o seu libro Mentira aos de 3º e 4º ESO e estes fíxéronlles tamén un resumiño e unha valoración de Palabras envelenadas ....

Conversa sobre A neta do señor Linh

Os luns, de cando en cando, son días de Club. Porque o luns 26 de novembro tamén se xuntou o club de lectura de adultos do IES Antón Alonso Ríos.  Á cita das 7 do serán chegaron os compoñentes logo dunha lectura que lles resultou grata, entrañable e tamén triste e potente. Quen máis quen menos soubo dende ben pronto dos xogos do autor coa nosa lectura, mais deixámonos levar coas súas pistas pasadías, como as greas de xente que arrastraban pola urbe ao noso protagonista, un señor Linh que situamos xeograficamente pero que logo localizamos en moitos lugares posibles, en calquera do que ás veces é preciso ou urxente fuxir.  Agradounos especialmente como a verdadeira amizade sobrepasou as barreiras idiomáticas, para tecer lazos, dende a lingua nai de cadaquén, que se asenten nunha linguaxe universal de respecto aos sentimentos e ás emocións, nomeadamente ás que teñen raíces culturais.  Ao remate da sesión, lemos algunhas das pasaxes que nos rabuñaron a medula...

aviso 2ª xuntanza - Club de Lectura ESO

Vémonos ou non? Recordade traer xa o libro que vos emprestamos. Non esquezades tampouco o voso xantar. Logo de comer, falaremos de...