Saltar ao contido principal

Publicacións

25/02 2ª lectura do club de alumnado

 Na semana de Rosalía, volveuse xuntar o noso Club de Lectura de alumnado. Xa din as poetas María Lado e Lucía Aldao que Ninguén morreu de ler poesía . E logo do Día de Rosalía, escollemos unha obra poética que contecta moito coas canles sociais. Por iso o envolvemos así. Ai, como nos gusta que o libro estea empaquetado, porque así é como abrir un regalo, que tamén o é!! E o libro escollido é...

Ler un mundo... cuántico

 A nosa primeira lectura levounos ata un mundo cuántico. Trátase do libro que inicia a historia de Niko en La puerta de los tres cerrojos .   Na xuntanza de debate lector, primeiro quixemos coñecer algo máis sobre a autora do libro: a divulgadora científica Sónia Fernández-Vidal . A integrante do club Raquel, de 1º ESO C, verdadeira lectora fascinada pola física e seguidora dos pasos da escritora, contounos algúns datos desta científica catalá. Ata nos mostrou toda a súa colección de libros seus desta materia!  A lectura tivo puntos claros e outros escuros, máis duns ou doutros segundo cada un de nós. Houbo quen agradeceu que a autora suavizara un tema como a física cuántica para facilitar que ata os rudos na materia entenderamos certas leis. Houbo quen se centrou máis na parte narrativa e botou en falta algo máis de relación humana na historia. Con todo, compartimos co protagonista o valor da amizade e do amor. Tamén concordamos co sentido de moitas sentenzas do lib...

4/02: Reunión do club de lectura do alumnado

 Xentiña lectora?! Imos quedar no recreo do xoves 4 de febreiro, para charlar sobre a nosa primeira lectura: La puerta de los tres cerrojos, de Sónia Férnandez-Vidal. Tendo en conta a importancia da física na trama do libro, onde vai ser a nosa xuntanza? No laboratorio de Física.  Vémonos! 

DEIXEMOS AS REDES SOCIAIS EN PAZ

As nosas mensaxes din moito de nós, sexan a través da rede que sexan. Dende o IES Antón Alonso Ríos, o Equipo de Mediación anímanos a encher as redes sociais de comentarios pacifistas, dos que deixan os conflitos á marxe, para vivirmos todos en paz.  E se queres achegarte a lecturas en paz, bótalle unha ollada á nosa selección de libros polo Día da Paz que está á entrada do centro. Se che apetece ler un deses exemplares, só tes que comunicalo na biblio. 

Dillo cun libro

Logo do éxito da campaña de fomento da lectura Lazadas lectoras , seguimos na mesma onda pero con diferente efeméride.  Non podemos negar que en torno ao 14 de febreiro hai un ambiente que a todos nos gusta. Quen lle pecha as portas ao amor? Pois abrir un libro é coma empezar unha historia de amor...! Si, ás veces é unha historia de desamor, pero así é a vida... Anímate a pedir un libro para que llo entreguemos a alguén no teu nome. O libro transmitiralle a túa gran mensaxe. Será coma dicirlle: Q UÉROTE. DILLO CUN LIBRO

Club de ciencia ou club de lectura?

Era tanta a ilusión "por volver" que xa quixemos facer un dous por un, porque claro que queriamos retomar o club de lectura de alumnado, pero tamén nos tenta crear un club de ciencia. E para que escoller? O Club de Lectura de alumnado retoma o camiño das lecturas compartidas neste curso 2020/2021 e a primeira aproximación decidimos que fose á ciencia. Gústavos ler narrativa de ciencia-ficción? Nos tempos que corren, a vida parece que quere demostrar que os avances científico-técnicos interveñen máis nas nosas vidas do que nos parecía... Talvez teñamos que reler con outros ollos Un mundo feliz , de Aldous Huxley, unha obra de 1932. Presentamos a nosa primeira proposta lectora: La puerta de los tres cerrojos , da escritora e científica catalá Sónia Fernández-Vidal.   Veremos se nos enfeitiza durante este Nadal esta mestura lectora de narrativa e física cuántica. Mirade agora un resumo da nosa primeira xuntanza: