Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2010

Eclipse o día 4

O día 4 de xaneiro de 2011 vaise producir unha eclipse parcial de sol que en España será moi madrugadora: o máximo producirase sobre as 8:45 - 9:00 h, de maneira que na nosa zona o sol xa sairá eclipsado, pois o mencer é ás 9:01 (todas estas son as horas locais). A porcentaxe de sol eclipsado pode variar, estando en torno ao 65% no norte peninsular. Vale a pena madrugar e esperemos que o tempo acompañe, porque ata novembro de 2013 non teremos, na nosa rexión, outra oportunidade coma esta. Non esquezades que para observar a eclipse debedes usar filtros adecuados ou adquirir uns lentes especiais que soen vender nas ópticas por moi bo prezo. Tamén valen os cristais de protección dos soldadores que estean numerados do 14 ao 16. Que tempo fará o día 4? : aquí

Lectura e Fotografía

A Biblioteca do IES de Tomiño vén de convocar un certame de fotografía que vos vai gustar, para toda a comunidade educativa (alumnado, persoal do centro, familias...) e con premios en metálico. O vindeiro mércores 22 entregarase, xunto co boletín de notas, un precioso folleto coas bases de participación, que tamén podedes consultar e descargar na páxina web do centro, no apartado "biblioteca".

Por riba da media española, pero por debaixo da OCDE

INFORME PISA O Informe do Programa Internacional para a Avaliación de Estudantes, ou Informe PISA polas súas siglas en inglés (Programme for International Student Assessment) baséase na análise do rendemento de estudantes a partir duns exames mundiais que se realizan cada tres anos e que teñen como fin a valoración internacional dos alumnos. Este informe é levado a cabo pola OCDE (Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico), que se encarga da realización de probas estandarizadas a estudantes de 15 anos, medindo a competencia en ciencia, a competencia matemática e a comprensión lectora. Acaban de publicarse os resultados do último informe, no que participaron ao redor de 65 países, e se ben Galicia se sitúa por riba da media estatal nos tres apartados, non hai que esquecer que España está por debaixo da media da OCDE, así que aínda é moito o que nos queda por mellorar. Ampliar esta información aquí

Redelibros

Nace a primeira rede social galega adicada aos libros: redelibros que vai ser punto de encontro para todo o universo do libro en Galicia: lectores, escritores, libreiros, bibliotecarios, editores, etc. Esta rede permite ao usuario crearse un perfil e participar en foros de debate, chatear cos amigos, subir textos propios, títulos novos e arquivos de audio, comentar e recomendar obras, entre otras cousas. Pódese consultar máis de un millón de libros, e moitos destes títulos ademais ofrecen o primeiro capítulo na rede. O papasol celebra esta iniciativa e xa se rexistrou así que vémonos alí e comentamos as nosas lecturas!

Semana da Ciencia na nosa Biblioteca

Do 8 ao 21 de novembro Como cada mes de novembro, o mundo da ciencia e a innovación quere achegarse a ti co gallo da Semana da Ciencia , o maior evento de comunicación social da ciencia e a tecnoloxía. En realidade son quince días nos que os museos, universidades, centros de investigación, parques tecnolóxicos e mesmo empresas, organizan exposicións, cursos, visitas, obradoiros, mesas redondas, excursións ou conferencias, amosando ao público en xeral o seu traballo diario, tanto nos aspectos máis curiosos como nos máis descoñecidos. A nosa Biblioteca, consciente da necesidade de crear un entorno social máis proclive á ciencia e á innovación, súmase a esta celebración organizando unha exposición de libros de temática científica , co obxectivo de aprender sobre ciencia, afeccionarnos a ela e atopar respostas a moitos interrogantes que xorden na vida cotiá. Neste sentido Mariló Fernández Mira , profesora de Matemáticas, recomenda ao profesorado un dos libros que a Biblioteca che ofrece: L...

Regresa a HORA DE LER

O vindeiro martes 2 de novembro retomamos a nosa Hora de Ler , unha sesión de lectura semanal, simultánea para toda a ESO, da que tedes información nas aulas de referencia e nos taboleiros do centro. As caixas de lectura xa foron depositadas en todas as aulas, e como novidade tedes este ano, en cada caixa, unha libretiña para apuntar as incidencias, dúbidas e suxestións que vaian xurdindo. Na mesma libreta podedes anotar as vosas opinións sobre os libros que leades, e todas as persoas que o fagan, profesores e alumnos, entrarán no sorteo de lotes de libros e material escolar que se fará no mes de abril, con motivo das celebracións do Día do Libro .

O Premio Nobel

O Premio Nobel é un galardón moi codiciado pero tamén moi polémico, que entrega todos os anos a Academia Sueca. Segundo deixou escrito Alfred Nobel no seu testamento, o Premio Nobel de Literatura débese entregar cada ano a aquela persoa que produza a obra literaria máis destacada na dirección ideal, pero hai moito tempo que a crítica literaria opina que non se está facendo así e é evidente que moitos autores mundialmente recoñecidos nunca recibiron un Nobel aínda que o merecían de sobra. Así que se nunca gañas un Nobel non te preocupes: estarás en compañía de Tolstoi, Proust, Joyce, Nabokov, Kafka, Borges, Cortázar... Este ano o galardón será para Mario Vargas Llosa , autor de obras narrativas, ensaísticas e teatrais de repercusión mundial, algunhas delas levadas ao cine. Vén a coñecer a obra de Vargas Llosa na nosa biblioteca.

Ler e Escoitar

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos convoca o CONCURSO DE LECTURA EN VOZ ALTA "ler e escoitar", para 1º ciclo de ESO e 3º ciclo de Primaria. Os participantes farán unha lectura expresiva de dous textos, un elixido por eles e un elixido polo xurado. A lectura durará entre 4 e 6 minutos. Pódese participar de xeito individual ou en grupo. No caso dos grupos, todos os membros lerán un fragmento de idéntica duración. Cada centro formará un xurado integrado por, como mínimo, dous profesores dese nivel. Seleccionarase un único gañador de cada modalidade (individual/grupo) para que pase á seguinte fase. Gravaranse en vídeo as súas lecturas e enviaranse antes do 30 de outubro para a fase autonómica. Desta segunda fase sairán cinco finalistas, que serán convocados pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para realizar en directo a lectura final, consistente de novo nun texto elixido polos concursantes e outro elixido polo xurado. Animádevos a participar! Para unha...

As goleadoras de Tomiño

O equipo de fútbol sala feminino infantil do IES de Tomiño gañou este ano a final do campionato de liga escolar, e o equipo cadete acadou o segundo posto da súa categoría. A súa adestradora, a profesora Ledicia Seoane , fala con entusiasmo destas alumnas de 1º e 2º de ESO: - Comezamos o adestramento no pasado mes de novembro - conta - Adestramos un recreo cada semana, e os mércores pola tarde. A partir do mes de febreiro engadimos otura sesión de adestramento, os venres pola tarde no Pavillón Municipal. Posteriormente a Concellería de Deportes do Concello de Tomiño doou os equipamentos necesarios e xogamos na liga escolar. O Concello aportou tamén os trofeos para a Xornada de Portas Abertas. Nótase que apreza moito os resultados obtidos en tan pouco tempo. Pero o feito de gañar é o que menos lle preocupa, ela valora máis a mellora que pode ir vendo na coordinación dos movementos e o traballo en equipo. - Por iso temos que xogar todas e avanzar todas ao mesmo tempo, pois ao final o que ...

Xornada de Portas Abertas 2010

Non esquezades que este sábado 22 de maio celebraremos unha Xornada de Portas Abertas para que todo o alumnado e as súas familias, así como todas as persoas interesadas en coñecernos, poidan vir e gozar connosco dunha xornada festiva en que daremos a coñecer o centro, as instalacións, os traballos realizados, etc. todo isto aderezado con varios obradoiros, competicións deportivas, actuacións musicais e moitas sorpresas máis. Acudide ao centro o vindeiro sábado 22 de maio de 12 a 14 h. pola mañá e de 16 a 20 h. pola tarde!

Mes das Letras

O pasado xoves 6 de maio celebramos en Tomiño o Correlingua ! Esperamos que todos gozasedes coa actividade e citámosvos para o vindeiro venres 21 de maio, día en que celebraremos no noso centro a tradicional Festa das Letras : haberá actuacións musicais, recital de poemas de Uxío Novoneyra, exposición dos Maios, ofrenda de pedras no Milladoiro das palabras e varios actos máis. Non o esquezades: o venres 21 de maio, a partir das 12:00 h, Festa das Letras no IES de Tomiño.

Compromiso co Medio Ambiente

Dentro da nosa preocupación polo Medio Ambiente, o IES de Tomiño está a desenvolver a campaña "Usa Friameira" : en vista da cantidade de recursos do planeta que se gastan na produción de papel de aluminio, comprendemos que envolver en papel de aluminio o bocadillo é innecesario e absurdo. Pódese comprobar que cada día somos máis os que traemos friameira. Este é o cartel que se deseñou no centro en favor desta iniciativa: Por outra parte, o Equipo de Normalización Lingüística e o Departamento de Forestais puideron finalmente realizar os actos previstos para a celebración do Día da Árbore , que no seu momento foran aprazados polos destrozos sufridos no centro por causa do temporal. A actividade consistiu na plantación de exemplares de especies autóctonas no recinto do IES, no xardín situado enfrente do centro e no parque que rodea o novo centro de saúde. Na actividade participaron 100 estudantes de 1º de ESO, así como o alumnado do Ciclo de Actividades Forestais e do PCPI.

Hora do planeta

Este sábado 27, entre as 20:30 e as 21:30 h. será A HORA DO PLANETA 2010 A Hora do Planeta é unha iniciativa global de WWF onde individuos,organizacións, empresas e gobernos apagan as luces durante unha hora para votar en favor da acción sobre o cambio climático. Ao votaren cos seus interruptores de luz, os participantes da Hora do Planeta envían unha poderosa mensaxe visual aos seus dirixentes esixindo acción inmediata sobre o cambio climático. A próxima Hora do Planeta terá lugar o sábado, 27 de marzo de 2010 ás 20:30, hora local. Millóns de personas en todo o mundo apagarán as súas luces durante unha hora, simbolicamente, chamando á acción sobre o cambio climático. En 2009 uns mil millóns de persoas de máis de 4000 ciudades en 88 países participaron neste evento. En España participaron uns catro millóns de persoas e 200 cidades, apagando edificios emblemáticos como a Alhambra de Granada, a Cibeles, o museo Guggenheim, la torre Agbar de Barcelona e centos de edificios máis. ...

Semana da Muller

A pesar da paralización das actividades lectivas por mor dos destrozos causados polo temporal, xa nos imos recuperando e puidemos celebrar a SEMANA DA MULLER, cunha serie de actividades e exposicións como as seguintes: - Muller e traballo: Exposición de fotografías antigas e modernas coa muller como protagonista, realizando diferentes traballos. Agradecemos ao alumnado e profesorado do centro as súas aportacións. - O sexismo na publicidade: Exposición sobre o tratamento da muller e o uso da figura feminina na publicidade, realizada por alumnado de 3º de ESO. - 100 mulleres galegas: exposición sobre a vida e obra de 100 galegas senlleiras do noso pasado e do noso presente. Ademais tivemos ocasión de celebrar unha charla-coloquio co lema “A visualización das mulleres en traballos tradicionalmente masculinos”, o xoves 11 de marzo, coa presenza de: -Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Cristina Rodríguez Ortega, enxeñeira técnica industrial - Ana Fernández, profesora da Universidade de V...

Volvemos a clase este luns, 8 de marzo

Co visto bo da Unidade Técnica da Consellería, o IES de Tomiño reinicia as actividades lectivas o luns 8 de marzo ás 9:00h. Porén, o papasol lamenta moito informar que a biblioteca permanecerá pechada, pois hai que renovar o teito, pulir e vernisar o piso... Pero non desesperedes: anque o espazo físico da biblioteca estea tan prexudicado o seu espírito permanece e os fondos están case todos a salvo. Tentaremos de encontrar unha maneira de continuar, polo menos, co servizo de préstamo. Iso require trasladar ordeadamente os materiais a algún espazo onde poidamos xestionalos provisionalmente, posiblemente o salón de actos. Igualmente proseguirán as actividades do Club de Lectura, anque nos reuniremos noutro lugar. Nada nos vai deter, porque a biblioteca é moito máis que o espazo físico que ocupa.

non haberá clase en ningún nivel

Por orde da Unidade Técnica suspéndense indefinidamente os cursos convocados de Ciclos, PCPI e 2º de Bacharelato ata nova orde. O edificio non presenta as condicións de seguridade mínimas para as actividades lectivas. Polo tanto non hai ningún curso con actividades lectivas neste momento.

recuperándonos de Xynthia

Na imaxe podedes ver parte da cuberta do instituto e xa vos facedes unha idea de que as aulas específicas do segundo andar son, neste momento, as que se atopan nunha situación máis delicada no caso de que chova, anque ao longo da xornada de hoxe o profesorado e demais persoal do centro estivo recollendo os materiais destas aulas para minimizar os riscos de desperfectos. Seguen suspendidas indefinidamente as actividades lectivas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, e de 1º de Bacharelato. Reanúdanse as actividades lectivas de 2º de Bacharelato, Ciclos formativos de Electrónica e Forestais e PCPI (Programa de Cualificación Profesional) a partir do mércores 3 de marzo. Non deixedes de consultar a páxina web do centro

sen clase ata novo aviso

Como xa sabedes, o temporal causou danos importantes no noso centro: Danou moito a cuberta do instituto, especialmente na zona da biblioteca: Afortunadamente a maioría dos nosos fondos, equipos informáticos, etc. salváronse, os danos son principalmente estruturais. Os traballos de desescombro e limpeza foron intensos ao longo de toda a xornada de hoxe domingo. Cómpre botar unha cuberta nova en todo o centro. Este traballo faríase pronto se deixase de chover, o problema é que o tempo non está axudando. Así que manteñamos a calma e esteamos atentos aos medios de información para saber cando se reanudarán as clases... que non vai ser mañá.

suspéndense as clases

Xynthia, a tormenta perfecta, causou danos na cuberta do edificio do noso IES que obrigan a pechar o centro, suspendéndose todas as actividades do luns día 1 de marzo . Permanecede atentos aos medios de comunicación, pois é posible que sexa necesario prolongar a suspensión das clases durante máis días. foto 5 Y menos mal que nos queda Portugal Ante todo mucha calma, capear el temporal ...