Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2009

Visita de Anxo Fariña

O autor da serie dos Megatoxos visitou o noso centro o día 25 de novembro para conversar co alumnado de 2º ESO sobre o proceso de creación de historias dentro dunha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Servizo de Normalización do Concello de Tomiño. Estamos desexando ler a terceira entrega, e tamén as sucesivas posto que están previstos sete volumes, algún dos cales sabemos de boa tinta que nos trasladará xa non ao pasado senón ao futuro...

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O día 25 de novembro celebramos un acto especial organizado polo Departamento de Lingua Galega e literatura para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero. Tratouse dunha mesa redonda seguida dun coloquio entre as ponentes e o público. Tivo lugar nun espazo ben bonito para se celebraren actos deste tipo: démoslle un novo uso á cafetaría do centro. Acudiron todos os grupos de 3º ESO e mais 3º e 4º PDC. Interviñeron no acto: Cruz Dafonte Raña, Licenciada en Dereito, traballa como Asesora xurídica na Oficina de Igualdade e Benestar de Gondomar e acode semanalmente a prestar asesoramento ás mulleres de Tomiño; Cati Cerqueira, Licenciada en Psicoloxía e Técnica de Igualdade no noso concello. Confirmara a súa asistencia Sandra González, a alcaldesa de Tomiño, mais non puido acudir por motivos de axenda. O acto contou con presentación teórica powerpoint, lecturas de casos reais e declaracións de vítimas perante o xuiz, música e videoclips de cantautores como Pedro Guerra ou ...

Magosto o próximo luns

Este luns, 23 de novembro, celebraremos o Magosto coas seguintes actividades: · 11:30 RECREO · Asar castañas no cobertizo: A cargo do alumnado de 1º de forestais, coordenados polo profesor Tito Davila. As castañas véndense a 1 €. · Péchanse as aulas: Non se voltarán a abrir ata as 14:15 · O profesorado e o alumnado encargado de cada actividade vai preparándose para que as actividades poidan dar comezo a partires das 12:00 · 12:00 COMEZO DAS ACTIVIDADES · TALLER DE CABAZAS o O alumnado participante subirá á aula de plástica, onde poderán comezar a elaborar as súas cabazas. o A partir das 13:00 as cabazas serán baixadas ó vestíbulo, onde se montará unha exposición con elas. o O xurado fará as puntuacións e outorgará os premios. · A CASTAÑA MÁIS GRANDE DO MUNDO o Quedará instalado o Stand do Departamento de Física e Química no vestíbulo do Instituto. O alumnado participante entregará as súas castañas, que serán rexistradas, medidas e pesadas. · CONCURSO DE FOTOGRAFÍA o Proxección das foto...

Novo blog de Forestais

Saudamos con alegría a chegada dun novo blog á comunidade: XANZÁ. Trátase dunha iniciativa dos nosos compañeiros do Ciclo de Forestais, non deixedes de visitar a páxina (tedes un enlace permanente desde aquí, en "páxinas útiles"). O papasol deséxalle unha feliz andaina na Rede!!!

Celebracións no mes de Novembro

Ata o día 30 estades aínda a tempo de entregar os orixinais para o Concurso de Historias de Medo que se organiza con motivo do Samaín ! Tedes as bases nos taboleiros do centro e na Biblioteca, onde tamén podedes ver unha exposición de libros de medo que están á vosa disposición. Os premios do Concurso de Historias de Medo entregaranse durante a celebración do Magosto, que terá lugar o vindeiro luns 23 de novembro . Estade atentos porque para o Magosto se organizarán moitas actividades interesantes que non quereredes perder!

PALABRAS CON MEMORIA

PALABRAS CON MEMORIA é unha iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) que ten por obxecto recuperar palabras nosas en desuso, ou sexa, en perigo de extinción. E tamén palabras e expresións que non recollen os dicionarios. Esta asociación propón que durante un tempo, para facerlle fronte á globalización e dado que semella posíbel a revitalización e repoboación do noso agro, que entre todos/as recuperásemos o nome dos produtos que nel se daban e quizais se volvan dar. Trátase de, ademais de achegar nomes de castes de froitas, verduras e outros produtos do campo, facer cando se crea necesario unha pequena descrición, resaltando as súas características. Porque as novas xeracións non saben o que é unha saborosa camoesa ou un delicioso peruco e en troques coñecen a encerada "red winter" e a insípida "golden" que lles venden no supermercado. Tamén sería interesante saber particulares tratamentos ou embutidos non comúns da carne do porco ou doutros an...

IES TOMIÑO- LYCÉE FÉNELON: 6º INTERCAMBIO ESCOLAR e Xº ANIVERSARIO DE ENCONTROS

Por Anxos García Monasterio , profesora de francés responsable da actividade Realizamos este curso o 6º intercambio escolar co mesmo centro francés, o Lycée Fénelon pero ademais celebramos algo moi especial: os nosos dez anos de encontros e de amizade. E por suposto, isto merecía unha festa por todo o alto. E así foi en Tomiño e en Clermont-Ferrand (Auvergne). Acollimos ó grupo francés do 10 ó 18 de marzo e fixemos moitas actividades xuntos: as específicas para traballar as linguas que estudamos pero tamén un xogo de pistas na biblioteca, outro para descubrir xuntos os misterios de Santiago de Compostela, actividades deportivas e como colofón o gran concerto no que participou todo o centro. Os “franceses” –coma dicimos nós,- din que o pasaron moi ben e destacaron a nosa amabilidade, simpatía e xenerosidade, ademais de insistir no ben e moito que se come en Galicia! – para nós non é novidade, claro!- A nosa viaxe tamén foi moi ben. Saímos un mes máis tarde, o 19 de abril e voltamos o 30...

Día das Letras Galegas

A semana pasada celebramos no centro a festa das Letras. Isabel Conde González , (2º bac. B) proponnos este contiño para que reflexionemos sobre a situación da nosa lingua. - Hola, buenos días. - Ola, bos días. - Usted ha venido a poner una denuncia, ¿verdad? - Si, veño denunciar ó meu irmán. - ¿A su hermano? ¿Y que le ha hecho su hemano? - Pois a verdade é que teño medo, penso que se propón acabar comigo. - ¿Y que le hace pensar eso? - Os feitos, señor, os feitos! - ¿Qué hechos? Explíquese. - Vostede debe saber que xa non é a primeira vez. El xa o intentou hai tempo, incluso estiven moitos anos detido, na cadea, sendo eu totalmente inocente, dixo que eu era perigoso, acusoume de querer traizoalo. E eu só quería vivir en paz, coma sempre, no meu fogar, coa miña xente… - Pero ahora usted es libre, y su situación es legal, está protegido por ley, ¿no? - Si, pero el quedou con moitas cousas que eran miñas, e non tiña dereito… e eu conformeime coa liberdade. Agora eu xa me estaba recuperan...

Lembrando o intercambio escolar

Do 10 ao 18 de marzo tivemos ocasión de acoller aos estudantes franceses de intercambio, que visitaron varios lugares de interese na nosa terra e tamén participaron en actividades académicas no noso centro. Posteriormente o noso grupo realizou a súa estadía en Clermont-Ferrand.

Últimas rondas do torneo de Xadrez

Continúa o torneo de xadrez cos seguintes resultados: No enfrontamento de cuartos de final que disputaban Daniel Salguero e Diego Álvarez o primeiro clasificouse para as semifinais tras gañar a segunda partida (o luns gañara a primeira). No outro enfrontamento de cuartos de final, Nicolás Costa gañou con negras ó seu compañeiro de clase e rival no campionato Eduardo Fragueiro e parece que ten vantaxe na segunda partida. Por outra banda fíxose o sorteo das semifinais que vai enfrontar o gañador da eliminatoria comentada fronte a Vicente e que está a enfrontar a Noel frente a Daniel. Esta eliminatoria entre Daniel de 1ºD e Noel de 3ºB xa comezou coa victoria con negras do xogador de 3º. A segunda partida xa está en xogo. O venres rematará o torneo. Pronto saberemos quen é o mellor do IES de Tomiño.

Xa hai dous clasificados para a semifinal do campionato de xadrez

Hoxe luns continuou o torneo de xadrez, que cada vez resulta máis emocionante. Na eliminatoria previa que faltaba por rematar, Nicolás Costas conseguiu obter unhas táboas nunha posición dificil e logo gañar na partida de desempate. O seu rival en cuartos de final vai ser Eduardo Fragueiro. As outras 3 eliminatorias de cuartos eran: · a de Vicente Marques frente a Alberto Gómez que foi a primeira en rematar tras abandonar a competición o segundo tras ir perdendo na primeira das dúas partidas. Con este resultado, Vicente convertíase no primeiro semifinalista. · Nabor xogaba frente a Noel, e este último é o segundo semifinalista tras gañar nas dúas partidas. · A última eliminatoria enfronta a Daniel Salguero e a Diego Álvarez. O primeiro conseguiu vencer con negras na primeira partida, polo que agora necesita gañar ou empatar con blancas para estar tamén nas semifinais. O mércores xogaránse as partidas que faltan de cuartos de final.

Torneo de Xadrez, segunda ronda

Hoxe foi a segunda ronda do torneo de xadrez con algunhas partidas que acabaron moi rápido (como a vitoria de Vincent sobre Kevin) e outras que foron moi disputadas. De feito hai unha partida aínda ser rematar (a que están xogando Nicolás e Adrián). O próximo luns comezarán os cuartos de final. A partires desta eliminatoria os enfrontamentos serán a dúas partidas. O sorteo que acaba de realizarse é o seguinte: O gañador da eliminatoria pendente (Nicolás C ou Adrián A) - Eduardo Fragueiro Nabor López - Noel González Vincent M Marques - Alberto Gómez Daniel Salguero - Diego Álvarez

Gran Campionato de Xadrez I.E.S. de Tomiño

Hoxe mércores comezou o campionato de xadrez do IES de Tomiño coa emocionante eliminatoria previa. Finalmente foron 23 os alumnos inscritos no torneo, dos cales 8 quedaron eliminados e quedan 15 para a segunda ronda. Debido á suspensión das actividades lectivas do pasado luns, esta segunda ronda debe disputarse o próximo venres. As seguintes rondas serán o luns e o mércores da próxima semana e as finais no día do Antroido. Os emparellamentos da segunda ronda son os seguintes (xoga con brancas o primeiro xogador): Nicolás Costa - Adrián Acuña Kevin Regedor - Vincent M Marques Noel González - Samuel Rodríguez Brais Diniz - Nabor López Alberto Gómez - David Calzado Paula Alonso - Daniel Salguero Diego Álvarez - Álvaro Álvarez Eduardo Fragueiro -

Concurso Literario Entroido 2009

O Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística do IES de Tomiño convoca, con motivo da celebración do Entroido 2009 un certame literario no que pode participar tanto o alumnado como o profesorado e persoal laboral do centro. Os traballos entregaranse, mecanografados e con plica, aos membros do Departamento de Normalización, ou tamén en Conserxería, ata o 11 de febreiro . Hai tres modalidades: en verso (sen límite de extensión), relato (entre unha e dúas páxinas) e microrrelato (máximo 100 palabras). O fallo farase público coincidindo coa xornada de celebración do Entroido no IES. Os premios entregaranse en acto público, sendo nese mesmo momento no que se abran as “plicas” e se coñezan os verdadeiros nomes dos gañadores ou gañadoras. Os premios son os seguintes: CATEGORÍA ALUMNADO Relato Primeiro premio (Cheque regalo de 30 euros). Segundo premio (Cheque regalo de 20 euros). Verso Primeiro premio (Cheque regalo de 30 euros) Segundo premio (Cheque regalo de 20 euros) Mic...

PROXECTO COMENIUS

Un grupo de profesores do IES de Tomiño está participando, en colaboración con centros de varios países europeos nun proxecto Comenius. O noso proxecto titúlase « Os Medios de comunicación, unha canle para Europa » (Les médias: un canal pour l'Europe). Este traballo ten como obxectivo sensibilizar ao alumnado (14-17 anos) acerca da súa pertenza a Europa, mediante o uso dos medios de comunicación (prensa, televisión, internet, radio), facilitar o diálogo intercultural, favorecer a educación e desenvolver unha posición crítica cos medios de comunicación. Neste proxecto bianual está previsto realizar diferentes actividades: · enquisas · revista de prensa (analizar como un mesmo suxeito é tratado nos diferentes países europeos) · concursos de fotoperiodismo · colaboración con profesionais dos medios de comunicación · elaboración dunha Primeira Páxina · creación dun Xornal · análise de medios de prensa europeos en diferentes formatos Consulta a páxina do Comenius aquí Este sitio web, co...

Intercambio escolar 2008-2009

Un curso máis o Departamento de Francés organiza o Intercambio Escolar co centro francés Lycée Fénelon de Clermont-Ferrand. O noso grupo estará formado por 39 alumnos e alumnas, de 3º e 4ºESO e de 1º de bacharelato, e tres profesores: Mª Jesús Gándara (Tecnoloxía), Carlos Villanueva (Bioloxía) e Anxos García (Francés). O grupo francés consta de 36 alumnos e alumnas do nivel correspondente a 4ºESO, que cursan a sección europea en español, e tres profesoras. A responsable da actividade en Fénelon é a profesora de español Nadine Corny. Primeiro terá lugar a estadía do grupo francés en Tomiño, do 10 ao 18 de marzo. Despois será a nosa visita a Clermont, do 19 ao 30 de abril. Na imaxe, vista de Clermont-Ferrand. Este ano será moi especial, xa que celebramos o décimo aniversario desta actividade, que se vén realizando cada dous anos desde 1998.